Rosario Álvarez na UERJ nun acto do Programa de Estudos Galegos

A vindeira segunda-feira 31 de marzo ás 10:30 horas terá lugar un acto na UERJ no que contaremos con Rosario Álvarez, profesora da Universidade de Santiago e membro da Real Academia Galega. Realizarase na Sala RAV 114 e a profesora dará unha palestra baixo o título “Unha orixe, dúas linguas: galego e portugués, afinidade e diverxencia”.

Rosario Álvarez

Catedrática da área Filoloxías galega e Portuguesa. Docente na Facultade de Filoloxía e investigadora do ILG. Licenciatura e grao en Filoloxía Románica (1974), doutoramento en 1980, sempre na USC.

Actividade investigadora centrada na variación e cambio lingüístico do galego, sobre todo diatópica, á procura da mellor descrición do galego moderno; pola mesma razón, interésase pola gramática contrastiva portugués-galego (PE e PB). Tamén se ocupa da edición e estudo de textos do “galego medio”, de novo á procura do mellor coñecemento da evolución diacrónica e diatópica camiño do galego contemporáneo.

Membro do equipo do Atlas Lingüístico Galego desde os inicios. Coautora de dúas gramáticas do galego, con Monteagudo/Regueira (1986) e Xove (2002); IP do equipo redactor da gramática da RAG. Directora do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués, no que colaboran equipos de Galicia, Portugal e Brasil. Directora da revista Estudos de Lingüística Galega.

Foi Vicerreitora de Profesorado (1990-94), Directora do Departamento de Filoloxía Galega (1995-99) e do Instituto da Lingua Galega (2005-13). Académica numeraria da Real Academia Galega (2003); dirixe o Seminario de Gramática e forma parte da Executiva, como Tesoureira (2013). Vicepresidenta do Consello da Cultura Galega (2010);  coordinadora da sección de Lingua, Literatura e Comunicación, á que pertence desde a creación.

 

Imaxe

Deixe um comentário