Debate sobre o galego na UERJ

Na próxima segunda-feira 19 de outubro terá lugar às 09:00h. no RAV112 do Instituto de Letras da UERJ o debate “A diversidade do grupo portugalego. A língua da Galicia”. Esta atividade, organizada pelo Programa de Estudos Galegos (PROEG), contará com a participação dos professores Elisa Fernández Rei e Francisco Dubert, da Universidade de Santiago, que apresentarão “A entonação do galego: entre duas águas” e “Um passeio pelos dialetos do galego” respetivamente.

palestra segunda

Elisa Fernández Rei

Son profesora Contratada Doutora do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Licencieime en Filoloxía Galega con grao en 1992 e obtiven o título de doutora en 2002. Formo parte do ILG desde 1991, primeiro como bolseira de colaboración e, posteriormente, como contratada, ata que ingresei no Consello Científico ao acadar o título de doutora. Actualmente, son membro da Comisión Permanente do ILG e secretaria da Facultade de Filoloxía.

Os meus intereses investigadores céntranse na dialectoloxía da entoación e a prosodia do galego, así como no estudo perceptivo desta variación dialectal. Participo desde 2001 no proxecto AMPER (Atlas Multimédia Prosodique de l’Espace Roman) e coordino o equipo que leva a cabo as enquisas en Galicia. A estreita colaboración co equipo portugués deste proxecto, coordinado pola profesora Lurdes de Castro Moutinho da Universidade de Aveiro, está a facilitar a pescuda da variación e o cambio prosódicos no diasistema galego-portugués.

Outros dos meus intereses investigadores son a pronuncia e a prosodia nos medios de comunicación oral en galego e as tecnoloxías da fala (en especial, os sistemas de conversión texto-fala).

http://ilg.usc.es/gl/persoal/elisa-fernandez-rei

Francisco Dubert

Francisco Dubert García é profesor titular do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago Compostela desde o ano 2000. Entrou como bolseiro no ILG no ano 1989 para colaborar na edición do Atlas Lingüístico Galego (ALGa). A súa vinculación ó ALGa supuxo que comezara a interesarse polo estudo da variación lingüística en xeral e da dialectoloxía do galego en particular. Doutorouse en 1998 cunha tese sobre o galego falado no Concello de Santiago.

Francisco Dubert traballa tamén na descrición da fonoloxía e da morfoloxía flexiva da lingua galega, tanto desde a perspectiva sincrónica coma da diacrónica, pero tomando sempre como referencia os fenómenos de variación dialectal.

http://ilg.usc.es/gl/persoal/francisco-dubert-garcia

Anúncios

Uma consideração sobre “Debate sobre o galego na UERJ”

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s