A Galícia na ditadura franquista: repressão e resistência cultural

Na próxima segunda-feira dia 30 de março vai ter lugar no Instituto de Letras da UERJ o evento A Galícia na ditadura franquista: repressão e resistência cultural. Uma aproximação histórica, linguística e literária. 

Lugar: Miniauditório da Pos-graduação do Instituto de Letras da UERJ

Horário: 09:30 horas

A palestra vai ser ministrada polos pesquisadores galegos Malores Villanueva e Afonso V. Monxardin.

Cartaz conferencias 30 marzo

Malores Villanueva Gesteira (A Xesteira-Cotobade, 1982) licenciouse pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en Filoloxía Galega, obtendo o Premio Nacional Fin de Carreira, e en Filoloxía Románica, licenciatura pola que recibiu o Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia. Na actualidade prepara a súa tese de doutoramento sobre a primeira etapa da editorial Galaxia. Entre as súas publicacións recentes destacan os libros Lingua en sociedade, a aldea da Xesteira (Deputación de Pontevedra/ Consello da Cultura Galega, 2006) e A lingua galega entre 1963 e 1975. Situación social e discursos dende o galeguismo (Deputación de Pontevedra, 2010), polos que recibiu, respectivamente, o Premio Antón Fraguas de Investigación e o Premio novos investigadores: Humanidades e ciencias sociais. Editou un conto inédito de Xosé Luís Méndez Ferrín publicado en Grial baixo o título “Percival e unha historia máis: a de Tristán”, que posteriormente traduciu ó castelán. Entre 2006 e 2011 foi secretaría dos Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia e impartiu docencia na licenciatura e grao de Filoloxía Galega (USC) entre 2009 e 2011. Ademais, foi profesora-lectora da Universidade de Barcelona entre os anos 2011 e 2014.

Afonso Vázquez Monxardín  (Ourense, 1960) é licenciado en Xeografía e Historia, nas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía, Xeografía e Historia de Galicia e Arquivística e Biblioteconomía. Foi o arqueólogo de numerosas escavacións en Galicia, Portugal e Italia e en 1983 pasou á docencia de lingua e literatura galega. É catedrático de ensino medio desde 1996. Foi profesor visitante da súa materia en centros galegos e universidades de América (Centro Galego, Centro Galicia e Universidade de Belgrano, en Bos Aires; Universidade Federal da Bahía, en Brasil; e Lar Gallego en Santiago de Chile). Foi o impulsor do proxecto Arquivo Sonoro de Galicia no seo do Consello da Cultura Galega e estivo durante trece anos no equipo directivo do IES As Lagoas de Ourense. Foi colaborador de O Correo Galego, Galicia Hoxe e na actualidade escribe en La Región. Entre as súas publicacións destacan Xaquin Lorenzo Fernández “Xocas”. A fidelidade á Galicia soñada, (2004), Xoaquín Lorenzo (1907-1989). Unha fotobiografía (coord.) (2004), Danse lido (2014) e a recentemente publicada Ramón Otero Pedrayo, Unha fotobiografía .

 

Anúncios

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s