I Semana Audiovisual Galega na UERJ

Os próximos 1, 2 e 3 de dezembro às 14:00h no Salão Nobre da Faculdade de Letras da UERJ, terá lugar a I Semana Audiovisual Galega. Organizada pelo Programa de Estudos Galegos da faculdade, nesta semana do audiovisual se projetarão três filmes galegos, rodados na Galiza, e se organizará também um debate sobre os temas tratados neles, desde o amor livre ao valor da arte na sociedade atual, da repressão e da guerra à vida longe da cidade.

Os assistentes poderão assistir os seguintes filmes:

Trece BadaladasXacobe, un mozo escultor, volta a Santiago -a súa cidade natal- despois de quince anos de ausencia. A razón do seu regreso é o descubrimento de que súa nai, a quen cría morta, está en realidade doente e internada nun psiquiátrico. Pero esta volta vaino obrigar a se enfrontar a un suceso do que leva media vida fuxindo. O encontro co seu pasado levarao ao centro dun pesadelo sen saída, no que descubrirá algo terríbel: El é a peza fundamental nun laberíntico plan. Baseada nunha historia orixinal de Suso de Toro.

Vilamor: Ano 1976, Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos que acaban de chegar a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade.

DoentesNa década dos 1950 o Hostal dos Reis Católicos -daquela Hospital Real- botou á rúa os doentes, peregrinos e pobres para se converter nun hotel de luxo. Un vello cura castrense presunto ferido de guerra, acompañado dun tísico, queda así á intemperie na miserábel noite compostelá, e tenta tirar de todos os fíos que lle quedan para recuperar un lugar onde se gorecer. Historia baseada na obra dramática orixinal de Roberto Vidal Bolaño.

10807919_10204933714600093_1561033284_n

Deixe um comentário