A exposição “Os Adeuses” no Rio de Janeiro

555

O Consello da Cultura Galega, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e o Instituto Cervantes do Rio de Janeiro organizam a exposição “Os adeuses” de Alberto Martí, que poderá ser visitada no Instituto Cervantes no Rio de Janeiro desde o 9 de março a 15 de abril de 2015. O horário é de segunda a sexta de 10h a 18h e os sábados de 10h a 17h.

A mostra esta composta por 73 fotografias em preto e branco que refletem o êxodo galego para América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo. São imagens de gente anônima e mostram suas experiências no embarque ou desembarque dos barcos que os levavam para a América.

En Galicia temos fartura de despedidas, pois é “terra de adeuses”, como en feliz ocasión a cualificara o patrucio de Trasalba, Ramón Otero Pedrayo. Foi unha das pérolas que ecoaron naquel discurso de inauguración do curso académico 1954-1955 pronunciado no paraninfo da Universidade de Santiago, dedicado a evocar as “vivencias” da emigración galega. Cando Otero estaba a pronunciar aquel discurso, os adeuses galegos estaban nun novo apoxeo, coa apertura das migracións cara a América, nomeadamente a países novos como Venezuela e Brasil, que alongaban o leque de destinos americanos, antes centrados nos países de Arxentina e de Cuba. Era a derradeira eclosión da navegación marítima de pasaxeiros, que o propio Otero ben sentira —e contara despois nun guapo libro— con ocasión da súa viaxe a Arxentina en 1947, a bordo do nomeado paquebote Cabo de Hornos.
Daqueles adeuses ficou memoria nalgún documento gráfico que virou célebre, despois da súa publicación en libros como Galicia hoy (1966), a cargo de Luís Seoane e Isaac Díaz-Pardo. Refírome ás famosas fotos de Manuel Ferrol sobre a emigración tomadas no porto da cidade da Coruña. Son documentos singulares, mais escasos. Outros fotógrafos traballaron arreo naqueles mesmos lugares, tomaron milleiros de fotos daquelas chegadas e adeuses, pero non eran coñecidas do público por non se teren difundido acaidamente. Porén non hai ben que se garde eternamente oculto. E o que resulta ser un testemuño de primeira orde sobre o trafego humano da Estación Marítima d’A Coruña pode ser agora coñecido e analizado grazas a esta exposición sobre Os adeuses.
O gardador do tesouro foi o fotógrafo Alberto Martí, quen de forma sistemática e paciente foi enchendo a súa cámara fotográfica de figuras e de sentimentos, de esperanzas e de tristuras. Os seus protagonistas son xente anónima, pero fundamental para entender a historia colectiva da Galicia do século vinte.

Mais informação em: http://riodejaneiro.cervantes.es/es/

Descarregar publicação de graça: http://consellodacultura.gal/mediateca/documento.php?id=555

Anúncios

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s